Local Social Aturuxo

Barbança, Galiza
A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.

domingo, 27 de maio de 2012

Aturuxo non se pecha, a cultura non se pecha.



As socias e socios da Asociación Cultural Aturuxo queremos expoñer o seguinte:
1º A Asociación Cultural Aturuxo é un proxecto cuxos obxectivo son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas. Organizámonos para defender, denunciar e traballar polo que nós cremos xusto, ofrecendo un espazo para a libre expresión da mocidade e da veciñanza de Boiro e da comarca.
2º A A.C. Aturuxo leva máis de cinco anos traballando arreo. Dende fai catro anos xestionamos un espazo no que se organizan ducias de actividades ao ano, mantendo unha actividade constante durante todo este tempo.
3º A A.C Aturuxo é unha entidade sen ánimo de lucro, composta por veciñas e veciños do Concello de Boiro e da comarca. Organizámonos de forma asemblearia, tódalas decisións  son expostas e debatidas en asemblea, composta polas socias e socios da asociación.
O Local Social finánciase coas achegas das socias e socios, coa venda de material etc. O Concello de Boiro -e o resto de  administracións- non colaboran con axudas de ningún tipo para manter o funcionamento do Local Social.
5º O Concello de Boiro, gobernado polo PP, ten a obriga de non obstaculizar o desenvolvemento das nosas actividades, realizadas no Local Social ou na rúa. Xá denunciamos o pasado mes de novembro, coa realización do Magosto Popular na rúa, a nula vontade do concello de que as nosas actividades se realicen con normalidade, como viñamos facendo ate o momento, ao esixirnos unha fianza de 300€.
A simple obstaculización non é suficiente para o goberno local do PP. O concello esixenos agora, baixo o paraugas normativo, a ‘‘reposición da legalidade urbanística’’. Ou obtemos a licenza que eles queren ou pechan o Local Social. A licenza en cuestión é a de café-concerto, imposível de obter no noso concello, ao estar restrinxidas o número de licenzas deste tipo. Fica demostrado a ignorancia do PP ao indentificar directamente cultura con ‘’cafe-concerto’’ como única posibilidade de licenza para o Local Social.
Denunciamos o intento de peche do Local Social Aturuxo por parte do goberno do PP local e a hipocrisía que de esta situación se desprende. 
Esiximos ao Concello de Boiro que se retracte e deteña o que consideramos un ataque directo ao asociativismo cultural, á cultura e lingua galega. O intento de peche dun espazo cultural e autoxestionado é un desprezo evidente a tódalas persoas que traballamos gratuitamente pola nosa cultura e para toda a veciñanza de Boiro e da comarca do Barbanza. Non renunciaremos á mobilización social e á contestación na rúa como unha medida máis de presión para evitar o peche do Local Social Aturuxo.
Na Terra, 
A Asemblea Xeral do Local Social Aturuxo




sexta-feira, 25 de maio de 2012

Aturuxo non se pecha: Implícate!



O Concello de Boiro, gobernado polo PP,  inicia un expediente "urbanístico" coa intención de PECHAR O LOCAL SOCIAL ATURUXO. No expediente que nos remitiron concedensenos 15 días para recuperar a ''legalidade'', argumentando que fica demostrado que o local é un "cafe-concerto" polo que deberiamos  dispoñer dunha licenza destas características. Este proceso represivo ven derivado das actuacións da Garda Civil e Policia Local no sábado do noso 4º aniversario e dotadas de cobertura política por parte do PP de Boiro.


Mañá, 26 de maio,  convocamos unha asembleia de caracter extraordinario para as 20:00 da tarde. Nos próximos dias iremos aportando máis información, estade atent@s.


Entre tod@s podemos evitalo!
Aturuxo non se pecha!
A cultura non se pecha!

segunda-feira, 21 de maio de 2012

A II ediçom das Olimpiadas Populares Galegas celebrarám-se em Ponte Vea (Teu) os dias 16 e 17 de Junho de 2012 .


Abriu-se  até o dia 30 de Maio o praço de inscriçom para as equipas que queiram participar nas II OPG organizadas este ano na pequena vila de Ponte Vea situada na paróquia de Reis, concelho de Teu, na comarca de Compostela.
A Vila Olímpica deste ano estará dividida entre as instalaçons desportivas do C.F. Praínha a 800 metros da vila e na zona à beira do rio Ulha conhecida como A Burga. Durante os dias 16 e 17 de Junho, estas duas áreas acolherám as atletas e as distintas provas desportivas que configurarám o II encontro olímpico dos movimentos sociais galegos.
As participantes nas Olimpiadas disporám de duches, serviços, zona de acampamento e avitualhamento. A organizaçom oferecerá a comida e ceia do sábado e o almorço e jantar do domingo a preços populares.
A respeito das provas desportivas este ano houvo umhas poucas modificaçons que som as seguintes: A prova de lançamento de peso foi suprimida. Na prova rainha, o triatlo cámbia-se de 1500 a 2500 metros a distáncia a superar pola atleta, ficando em 200 metros a nataçom e 10000 metros a bicicleta. Incrementa-se a prova de tiro de corda por equipas, e a prova da chave com umha adaptaçom das normas tradicionais da comarca compostelana.