Local Social Aturuxo

Barbança, Galiza
A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.

segunda-feira, 30 de setembro de 2013

Actividades para o mes de outubro




Roteiro micolóxico, sábado 26 de outubro:

Saímos  ás 10:30 do local ata a localización escollida, a difilcutade do terreo é baixa, ainda así é preferíbel levar o calzado e a roupa axeitada para o monte ou montaña (abaixo recomendacións). Precisaremos dunha navalla e dunha cesta (se é posíbel).

A degustación e o prezo da mesma vai depender dos cogumelos que apanhemos.


Recomendacións:
  

1

Utilize un cesto de vimbia para colher os cogumelos. Non use sacos plásticos porque a humidade favorece o apodrecimento.

2

Antes de colher os cogumelos, confirma se eles non son tóxicos. Todas as características do cogumelo precisan coincidir coas dunha das espécies comestíbeis.

3

Non colhas cogumelos se tes algunha dúvida, por menor que sexa, sobre se o cogumelo é comestíbel ou tóxico.

4

Non colhas cogumelos que non estexan en perfectas condicións, mesmo que a espécie sexa comestíbel. O consumo de cogumelos pasados do punto pode provocar indixestión.

5

Corta a base do talo do cogumelo cunha navalha ben afiada, para que nese mesmo lugar poida medrar outro cogumelo. Iso non será posíbel se arrancas o cogumelo enteiro coa man.

6

Se a pel do sombreiro estivera viscosa, frega cun pano húmido para retirala. Ela posue propriedades laxantes.

7

Podes conservar os cogumelos en aceite ou vinagre. Non é recomendábel conxelar os cogumelos.

8

A forma mais segura de conservar os cogumelos é cortalos en laminas e deixalos secar na sombra nun lugar seco e ben aireado.

Importante

  • Existem moitas teorias xenéricas que indican como diferenciar os cogumelos venenosos dos comestíbeis, mas ningunha delas é infalíbel.


Recomendacións de roupa e calzado:
A roupa
As características básicas desexábeis do material de montaña son a lixeireza, o abrigo e que sequen moi rápido. Neste tipo de materiais incluimos: O forro polar, a licra ou a roupa sintética. Porén, recoméndase excluir do material de montaña, por exemplo, as pezas de algodón, os sueters de lá, e as calzas de pana.A primeira capa de roupa, a que toca a pel há de ser sintética (recoméndase non utilizar pezas de algodón porque conservan a humidade e tardan moito en secar); esta primeira capa ten como obxectivo evacuar a transpiración. A segunda capa recoméndase que sexa de forro polar, xoga o rol de isolante térmico. A terceira capa, ten de ser protectora, lixeira e resistente; protexe do ralente, da neve e da chuvia. Esta última capa pode ser un anorak ou calquer tipo de, sobretodo, impermeável. Sempre con caperuza.

O calzado
As botas terán que ser todoterreo, semiríxidas e antideslizantes. Que cubran ata o nocello para evitar escordaduras. Impermeáveis e transpirantes. Lixeiras ao mesmo que resistentes ao desgaste.

Nenhum comentário:

Postar um comentário