Local Social Aturuxo

Barbança, Galiza
A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.

terça-feira, 29 de outubro de 2013

Noite de Defuntos no LS Aturuxo


A próxima sexta-feira (venres) 1 de novembro o L.S Aturuxo organiza a sua particular Noite de Defuntos ou Samaín a partir das 21:00. O Samaín foi habitualmente descrita como umha comunhom com os espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, teriam autorizaçom para caminhar entre os vivos. Abriam-se as portas entre este mundo e o além, dando-lhe à gente a possibilidade de reunir-se com os seus antepassados mortos.


A actividade central é a elaboraçom dumha queimada. Arredor do lume da queimada invitamos a todo o mundo a que nos acompanhe e narre - a poder ser- algumha das moitas lendas ou contos, propios destas datas, que forman parte da nossa tradiçom oral e escrita.

Animamos também a toda a gente a colaborar com a decoraçom do local traendo algumha cabaça -froito icónico do outono-  preparada para a ocasiom, das vossas casas.

Nenhum comentário:

Postar um comentário